miércoles, 28 de diciembre de 2016

VOLCAMOS OS DATOS

Outra labor do noso porxecto é a recollida de datos na castea e posterior volcadodos mesmos na web as Meteoescolas. Ahí está Yaisa facendo

o seu labor:

jueves, 18 de febrero de 2016

REPORTAXE METEOPANXÓN

Xunto co proxecto de creación audiovisual "Producións Panxón" que se leva adiante durante este curso, tenteramos de facer unha reportaxe que vos amose todo o trabalo que realizamos en MeteoPanxón.
De momento como podedes ver comezamos a elaborar un script sobre o que queremos reflectir:

jueves, 5 de febrero de 2015

NO TELEXORNAL!!

Durante a visita que fixemos a MeteoGalicia coincidimos cun equipo da TVG que fixo unha reseña no telexornal, e alí saímos mentras soltabamos o globo de radiosondaxe, aquí o tendes (a partir do minuto 3:40):

miércoles, 4 de febrero de 2015

VISITA A METEOGALICIA

O día 3 de febreiro tivemos a oportunidade de visitar as instalacións de MeteoGalicia en Santiago de Compostela, onde nos explicaron como fan para elaborar as prediccións meteorolóxicas, os instrumentos que empregan, e tamén puidemos soltar un globo de radiosondaxe á atmósfera!!











lunes, 2 de febrero de 2015

EXPOMETEORO (II)

Unha vez instalada a ExpoMeteoro, o alumnado fixo un percorrido polos distintos paneis, servindose como fío conductor un cuestionario feito en galego e en Inglés...

martes, 27 de enero de 2015

MAPAS METEOROLÓXICOS

Xa rematamos os mapas meteorolóxicos, xa os dispuxemos na entrada do centro para que os que queiran poidan ter información do tempo que imos ter no noso concello. para elo, xunto cos datos recollidos na caseta e a información diaria que obtemos da web de MeteoGalicia, dispoñemos unhas iconas que liustran gráficamente o tempo que vai facer no día en curso e tamén o día seguinte...

domingo, 25 de enero de 2015

EXPOMETEORO

Recibimos o material da ExpoMeteoro e puxémonos mans á obra apra instalala nos corredores do noso centro...